O pontés Xosé María López Fernández gaña o concurso de relatos da Deputación da Coruña

"O fío do tempo" está ambientado no mosteiro de Monfero e foi seleccionado entre 104 propostas

CRISTINA ARIAS / EL PROGRESO

9/18/20251 min read

Xosé María López Fernández, das Pontes, vén de ser elixido gañador da 13ª edición do concurso #hoxeescriboen, «Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña», convocado pola Deputación da Coruña.

A obra, O fío do tempo, está ambientada no mosteiro de Monfero e conquistou ao xurado do premio pola súa intensidade literaria e pola capacidade de mergullar o lector nun ambiente arrepiante que recrea o lugar como un espazo maldito, cunha linguaxe poderosa, descricións líricas e unha estrutura narrativa que se mantén firme ata o final, segundo explican dende a Deputación.

Xosé María López vén de estrearse no mundo literario coa súa ópera prima, a novela Terror Mortis, que autoeditou baixo o pseudónimo de X. M. Ferro Formoso.

👉 [Seguir lendo → ligazón ao artigo no xornal El Progreso]

Ségueme e apóiame no Facebook

Descubre os segredos que irei desvelando sobre as miñas novelas.

Contacta

info@ferroformoso.com

+34 698 14 88 90

© 2025. Tódolos dereitos reservados.

Cóntame as túas ideas, ou chámame para concertar unha presentación do meu libro na túa vila ou cidade.