As miñas novelas

Oblea

No corazón das Fragas do Eume, a calma québrase cunha serie de crimes que semellan falar en clave de lenda. Estraños símbolos trazados con sangue nos corpos de varias vítimas anuncian un ritual ancestral, un rumor antigo que se confunde coa voz do río e esperta o medo entre a súa xente.

O doutor Alfonso Neira Lafontaine e o subtenente Piñeiro son chamados para formar parte dunha unidade de investigación innovadora que, por primeira vez, se apoia na ciencia para combater o delito. Fotografía, botánica, química e lóxica convértense nas armas coas que deberán seguir un rastro que os conducirá a templos abandonados, fontes milagreiras e pedras centenarias onde os ecos da tradición aínda resoan.

Oblea é un thriller histórico-forense escrito en castelán e ambientado na Galicia rural de finais do século XIX, que explora os límites entre o mito e a verdade.

Terror Mortis

O doutor Alfonso Neira Lafontaine chega a unha pequena vila galega na procura de repouso e alivio para os seus problemas de saúde. Mais o achado do secretario municipal morto no atrio dunha igrexa —co rostro desencaxado polo pavor— arrastrarao a un misterio onde as aparencias enganan e a verdade se agocha entre as sombras.

Lafontaine unirá forzas co brigada Piñeiro para desentrañar unha rede de silencios, supersticións e segredos que apuntan moito máis alá do visible. Ritos, mitos e tradicións; ambición e poder salpican esta intriga ambientada na Galicia rural de finais do século XIX.

Cunha prosa elegante e unha atmosfera envolvente, Terror Mortis, escrita en castelán, entrelaza o suspense policial co terror gótico e co folclore galego. Unha novela curta de misterio histórico que mantén a tensión ata o último alento.

Ségueme e apóiame no Facebook

Descubre os segredos que irei desvelando sobre as miñas novelas.

Contacta

info@ferroformoso.com

+34 698 14 88 90

© 2025. Tódolos dereitos reservados.

Cóntame as túas ideas, ou chámame para concertar unha presentación do meu libro na túa vila ou cidade.