Universo Lafontaine
O doutor Lafontaine
O doutor Alfonso Neira Lafontaine é o corazón de Terror Mortis e Oblea. Médico forense formado en Lyon, regresa a Galicia coa ollada de quen explorou os segredos máis avanzados da ciencia e debe aplicalos nunha terra aínda dominada por supersticións, silencios e medos transmitidos de xeración en xeración.
O seu espírito, marcado pola experiencia, pola perda e pola enfermidade, convérteo nun observador único, lúcido e vulnerable ao mesmo tempo. A través dos seus ollos, o lector adéntrase nun universo de tradicións e rituais ancestrais, onde a razón e a fe, a luz do coñecemento e as sombras da crenza, libran unha loita eterna.


Os tres piares de Lafontaine
Ao seu carón, o suboficial Anselmo Piñeiro encarna a intuición e a forza do cotiá. Rudo, directo e práctico, mais tamén leal e fondamente humano, forma con Lafontaine unha parella complementaria e inseparable.
A doce Clara, filla dun empresario ferrolán, é fráxil de saúde mais forte de espírito. A súa relación con Lafontaine achega tenrura, amor e un respiro de luz en medio da escuridade.
Lis, a pequena sobriña de Clara, representa a inocencia e a esperanza. A súa ollada pura e a súa alegría sinxela iluminan mesmo os pasaxes máis sombríos da historia.






Anselmo Piñeiro
COMPAÑEIRO LEAL
Clara Fondevila
PAIXÓN E CORAZÓN
Lisarda
INOCENCIA E ESPERANZA